miércoles, 12 de octubre de 2011

XA ERA HORA !!!!!

Por fin o mestre decidiuse a crear un blogue para os nenos e nenas da clase.
Nel aparecerán pequenas aplicacións e paxinas web cas que poderedes practicar as cousas que vemos na clase.
Espero que esta páxina vos axude a resolver as vosas dúbidas e vos anime a estudar un pouquiño mais.
Supoño que xa saberedes como funciona un blogue pero vouvos dar algunha indicación por se fose necesaria:
- Cada nova entrada que se pon no blogue aparece sempre na parte de arriba.
- No lateral dereito do blogue haberá enlaces permanentes como son os diccionarios ou outras cousas de interese.
- Podedes comentar que vos parece cada entrada.
Tódalas dúbidas que poidades ter resolverémolas na clase, no blogue ou por un correo electrónico que creei especialmente para atender as vosas dúbidas ou suxerencias e que é: fernandoperezvigo@gmail.com.

Bueno pois xa está todo listo para comenzar e debido ó éxito que tivo na clase deixovos a aplicación de cálculo ca que facemos os concursos.
Solo tedes que picar aqui e xa vos aparecerá.
Ahh!!! Moitas grazas polas vosas tarxetas no día de onte, fixeronme moita ilusión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario